Club Boa Vila de Tiro con Arco
G-36166759
Rúa da Tablada, 2 - 4ºB
36001 - Pontevedra
650 128 366
ClubBoaVila@ClubBoaVila.tk
ESTATUTOS DO CLUB
Club Boa Vila de Tiro con Arco
CAPÍTULO I
NORMAS XERAIS
Artigo 1.- O Club Boa Vila de Tiro con Arco é unha asociación privada con personalidade xurídica e capacidade de obrar, integrada por persoas físicas ou xurídicas, que ten o seu domicilio no Concello de Pontevedra e que ten como obxecto exclusivo ou principal a práctica da actividade física e deportiva polos asociados, así como a participación en actividades e competicións oficiais, sen ánimo de lucro.
Artigo 2.- O Club Boa Vila de Tiro con Arco fomentará a actividade física e deportiva en xeral e do tiro con arco en particular, para o que elaborará anualmente un programa de actividades que atenda:
Practicará como principal modalidade deportiva a de tiro con arco, e solicitará a ratificación dos estatutos e a inscrición no Rexistro de asociacións deportivas e deportistas de Galicia, de conformidade coa Lei xeral do deporte de Galicia.
O Club Boa Vila de Tiro con Arco poderá acordar a creación de novas seccións para a práctica doutras modalidades deportivas.
Artigo 3.- Este club foi constituído mediante acta fundacional subscrita perante notario o 14 de Xuño de 1991. Así mesmo, foi inscrito no Rexistro de asociacións deportivas e deportistas de Galicia co número 3365, o día 23 de decembro de 1991.
Foi inscrito no Rexistro Municipal de Asociación do Excelentísimo Concello de Pontevedra co número: 164.
O seu CIF é G-36166759
Actualmente, o domicilio social do Club Boa Vila de Tiro con Arco fíxase no Campo de Tiro Boa Vila – A Devesa, Praza Sequeiros 69, CP: 36692, Alba, no Concello de Pontevedra. E o domicilio fiscal na rúa da Tablada, 2 – 4ºB, CP: 36001, no concello de Pontevedra
O Presidente, cando as circunstancias o aconsellen, poderá acordar o cambio de calquera dos domicilios dentro da mesma localidade. Para o traslado de calquera dos domicilios a outra localidade, que deberá ser sempre dentro do territorio do Concello de Pontevedra, será necesario o acordo maioritario da Asemblea Xeral extraordinaria.
En ambos os casos, o traslado de domicilio non implica modificación estatutaria, e terá de ser notificado aos socios, e ao Rexistro de asociacións deportivas e deportistas de Galicia.
CAPÍTULO II
SOCIOS: ADMISIÓN, DEREITOS E OBRIGAS
Artigo 4.- O número de socios será ilimitado. A Asemblea Xeral poderá suspender, non obstante, a admisión de novos socios cando así o esixan razóns de aforo ou capacidade física das instalacións. Os socios poderán ser infantís, de número ou honoríficos.
Artigo 5.- Son socios de número tódalas persoas maiores de idade, que habendo aboado a cota social do club, realizan regularmente a práctica deportiva co club, tendo dereito a gozar dos servizos e instalacións sociais da asociación do club.
Os socios menores de idade nomearanse como infantís e comprenderán dende os 6 ata os 17 anos.
A cota de socio cobrarase por persoa física.
Serán socios honoríficos aquelas persoas maiores de idade ás que a Asemblea Xeral confira esta distinción e terán un posto de referencia nos actos oficiais da sociedade, estando exentos da cota de socio.
Artigo 6.-
1- Os socios terán os seguintes dereitos:
2- Son obrigas dos socios:
3- Para poder exercitar o seu dereito a voto, o socio deberá estar ao corrente de pago das súas cotas.
Artigo 7.- Para ser admitido como socio será necesario:
Artigo 8.- A condición de socio pérdese:
CAPÍTULO III
ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN E GOBERNO
Artigo 9.- Son órganos de representación e goberno do club, a Asemblea Xeral, Xunta Directiva e o Presidente.
Artigo 10.- O Presidente é o órgano executivo do club, posúe a representación legal, convoca e preside os órganos de representación e goberno executando os acordos destes.
O cargo de Presidente é a título gratuíto e carente de interese nos resultados económicos da explotación, por si mesmo ou a través de persoa imposta.
Será elixido mediante sufraxio libre, direto, ou igual e segredo por entre os membros da Asemblea Xeral, cada 4 anos.
Artigo 11.- O Presidente cesará por:
Artigo 12.-
1- Como órgano complementario de goberno e representación haberá unha Xunta Diretiva que actuará como órgano colexiado de xestión do club, e exercerá as funcións que este estatuto lle confire.
2- Os membros da Xunta Diretiva serán designados e revogados libremente polo Presidente, debendo dar conta diso na primeira Asemblea Xeral que se celebre. Da mesma formará parte un Vicepresidente, un Secretario, un tesoureiro e tres vogais. Todos os cargos serán gratuítos e carecerán de interese nos resultados económicos do club por si mesmos ou persoa interposta.
Artigo 13.-
1- A Xunta Diretiva quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría dos seus membros. En segunda convocatoria será suficiente a concorrencia, polo menos, de tres dos seus membros, sendo un deles en calquera caso o Presidente ou o Vicepresidente.
2- A Xunta Diretiva convocarase polo Presidente con dous días de antelación como mínimo, á data de celebración. A Xunta Diretiva quedará tamén validamente constituída cando estean presentes tódolos seus membros, aínda que non mediara convocatoria previa.
3- En especial corresponde á Xunta Diretiva:
Artigo 14.- O Vicepresidente, en ausencia do Presidente, posúe a representación institucional do club e preside os órganos de representación e goberno executando os acordos destes. En caso de cese do presidente antes da finalización da lexislatura, será o vicepresidente quen asuma todas as función da presidencia ata a convocatoria de novas elecións.
Artigo 15.- O Secretario da Xunta Diretiva coidará do arquivo da documentación, redactará cantos documentos afecten á marcha administrativa da Asociación e levará o Libro de Rexistro de socios e Libro de Actas.
Artigo 16.-
1- O tesoureiro da Xunta Diretiva será o depositario da asociación, asinará os recibos, autorizará os pagos e levará os Libros de Contabilidade.
2- Será obriga do tesoureiro formalizar, durante o primeiro mes de cada ano, unha conta de resultados económicos, as contas de ingresos e gastos e os presupostos anuais, que se porán en coñecemento de todos os asociados.
Artigo 17.-
1- A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno do club e estará integrada por todos os seus socios maiores de idade.
2- As asembleas xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría dos seus asociados. En segunda e última convocatoria media hora máis tarde, quedará constituída calquera que sexa o número de membros presentes. Entre a data de convocatoria e o día sinalado para a súa celebración terán de mediar, como mínimo, dez días naturais e non poderán transcorrer máis de 20.
Artigo 18.- A Asemblea Xeral convocarase polo Presidente a iniciativa propia ou do vintecinco por cento, cando menos, dos socios.
1- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, despois da convocatoria do Presidente, polo menos unha vez ao ano para tratar das seguintes cuestións:
2- Terá de se celebrar Asemblea Xeral extraordinaria para a modificación de estatutos, elección do Presidente, toma de cartos a préstamo, emisión de títulos representativos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, alleamento de bens inmobles e fixación de cotas dos socios, e calquera outro acordo previsto nestes estatutos ou que se estime oportuno polo Presidente ou proceda legalmente.
Artigo 19.- Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioría simple dos presentes, requiríndose unha maioría cualificada e un quórum determinado de asistencia para aqueles asuntos que establezan os estatutos. Serán vinculantes e de obrigado cumprimento e terán forza executiva a partir da data da súa adopción, sen prexuízo, por razón da materia, da posibilidade da súa impugnación perante os órganos competentes e da federación galega deportiva da modalidade ou perante o Comité Galego de Xustiza Deportiva.
CAPÍTULO IV
RÉXIME DOCUMENTAL
Artigo 20.- O réxime documental do club constará dos seguintes libros: rexistro de socios, de actas e contábeis.
Artigo 21.- No libro de rexistro de socios terán que constar os nomes e apelidos dos socios, o seu D.N.I. e, de ser o caso, os cargos de representación, goberno e administración que exerzan no club. Tamén hanse especificar as datas de altas e baixas, e as de toma de posesión e cese nos cargos aludidos.
Artigo 22.- No libro de actas, consignaranse as reunións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Diretiva, con expresión da data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados. As actas terán de estar asinadas, en todo caso, polo Presidente e o Secretario.
Artigo 23.- Nos libros de contabilidade figurarán tanto o patrimonio como os dereitos e obrigas, e ingresos e gastos do club, debéndose precisar a procedencia daqueles e o investimento ou destino de estes.
RÉXIME DISCIPLINARIO
Artigo 24.- Os órganos e socios do club estarán sometidos ao regulamento disciplinario do club e ao disposto no título VII da Lei 3/2012, do deporte de Galicia e a súa normativa de desenvolvemento.
Artigo 25.- Así mesmo o Presidente e os membros da Xunta Diretiva responderán fronte os socios, o club ou terceiros dos perxuicios que ocasionaran por culpa ou neglixencia grave, de conformidade coa regulamentación propia do club e o ordenamento xurídico vixente.
CAPÍTULO V
RÉXIME ECONÓMICO-FINANCEIRO E PATRIMONIAL
Artigo 26.-
1- No momento da creación do club, o seu patrimonio, instalacións e locais propios son: ningún.
2- No futuro o patrimonio do club estará integrado por:
Queda expresamente excluído como fin do club o ánimo de lucro e a totalidade dos seus ingresos e beneficios aplicaranse ao cumprimento dos seus fins sociais.
Artigo 27.- O club poderá gravar e allear bens, mobles e inmobles, tomar diñeiro a préstamo e emitir títulos transmisíbles representativos de débeda ou parte alícuota patrimonial, sempre que cumpra os seguintes requisitos:
1- Que se autoricen tales operacións por maioría de dous terzos dos socios presentes ou representados na Asemblea Xeral Extraordinaria.
2- Que ditos actos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da entidade ou actividade físico-deportiva que constitúa o seu obxecto social. Para a adecuada xustificación deste aspecto poderase esixir, sempre que o soliciten como mínimo o cinco por cento dos socios, o oportuno dictame económico-actuarial.
3- Cando se trate de gravar ou allear bens, mobles e inmobles que foran financiados, en todo ou parte, con fondos públicos da Comunidade Autónoma será preceptiva a autorización previa do órgano competente da Xunta de Galicia.
Artigo 28.- O club poderá emitir títulos de débeda ou de parte de alícuota patrimonial, que serán nominativos.
Os títulos inscribiranse nun libro que levará para o efecto o club, no que se anotarán as sucesivas transferencias.
En todos os títulos constará o valor nominal, a data de emisión, e, de ser o caso seu caso, o xuro e prazo de amortización.
Artigo 29.- Os títulos de débeda só se poderán subscribir polos asociados, e a súa posesión non conferirá dereito ningún especial aos socios, agás a percepción dos xuros establecidos conforme a lexislación vixente.
Artigo 30.- Os títulos de parte alícuota patrimonial han de ser subscritos polos asociados. En ningún caso estes títulos darán dereito á percepción de dividendos ou beneficios.
Artigo 31.- Os títulos de débeda e parte alícuota patrimonial serán transferidos unicamente entre os que teñan a condición de socios.
CAPÍTULO VI
REFORMA DOS ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DO CLUB
Artigo 32.- Os presentes estatutos só se poderán modificar, reformar ou derrogar, por acordo da Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto, mediante votación favorable dos dous terzos dos socios asistentes.
A reforma destes estatutos seguirá, con respecto ao rexistro de asociacións deportivas e deportistas de Galicia, os mesmos trámites administrativos que para a súa inscrición.
Artigo 33.- O club extinguirase ou disolverase por acordo de:
En todo caso deberá ser notificado ao Rexistro de asociacións deportivas e deportistas de Galicia.
Artigo 34.- Disolto o club, o remanente do seu patrimonio social, se o houbera, aplicarase a fins análogos de carácter deportivo ben por acordo previo da Asemblea Xeral ou subsidiariamente polo órgano competente en materia de deporte da Xunta de Galicia.
ANEXO 1
DISPOSICIÓN ADICIONAL
O Club Boa Vila de Tiro con Arco foi fundado o 14 de Xuño de 1991 polas persoas que a continuación cítanse:
Nome e Apelidos | DNI | Dirección | Poboación |
D. Jose Luís López López | 35315795-P | Palamios, 5 – 2ºD | Pontevedra |
D. José M. Viso de la Granja | 34900520-K | Fernández Ladreda, 34 – 4ºA | Pontevedra |
D. José Juan Presedo Díaz | 32434438-E | Arzobispo Malvar, 43 – 2ºIzq | Pontevedra |
D. AntonioJosé López López | 35286159-L | Alfonso IX, 3 – 6ºL | Pontevedra |
D. Francisco Eirín González | 35306510-S | Palamios, 7 – 5ºB | Pontevedra |